sábado, 7 de febrero de 2009

INTERRELACIÓNS METABÓLICAS EN ESTADO DE XAXÚN PROLONGADO


O intestino delgado non aporta nutrintes e
ademais comeza a sufrir porque non ten combustible .

Nesta situación, o fígado traballa ( forzadamente) de
forma exhaustiva para que se cause o menor dano posible nas células periféricas.
Os niveis de glicosa en sangue diminúen,
polo que as células alfa do páncreas seguen
sintetizando glucagón para activar os procesos necesarios para que o nive de glicosa aumente.
O glicóxeno degrádase a glicosa pero ésta gástase
de forma rápida.
As grasas almacenadas descompóñense en glicerol e
ácidos grasos.
O glicerol vai ao fígado (gluconeoxénese) e os ácidos grasos van ao tecido muscular a través da albúmina ou ao fígado.
Os ácido sgrasos non poden chegar ao cerebro porque non poden atravesar a barreira hematoencefálica.
Os ácidos grasos que van ao fígado betaoxídanse a Acetil-CoA. O excedente deste último emprégase para a fabricación de corpos cetónicos.
Os corpos cetónicos poden chegar ao cerebro de modo que se reduce a necesidade de glicosa para o cerebro.
O mesmo ocorre en outros tecidos como o tecido muscular.
O músculo esquelético proporciona proteínas e aminoácidos para a síntese de glicosa. A degradación de proteínas realízase de forma lenta. Os aminoácidos que se obteñen son preferentemente en forma de alanina e glutamina.
A alanina vai ao fígado donde se transamina a piruvaoe sofre gluconeoxénese.
A glutamina desplázase polo sangue ata as células da mucosa intestinal proporcionándolle enerxía.Degrádase parcialmente a a alanina que ingresa no tecido hepático e polo cal obteráse piruvato para a gluconeoxénese.
O aporte de proteínas musculares contitúe un despilfarro enerxético e ten o efecto indesexable de desgastar ao músculo e de debilitar ao individuo en xaxún .

viernes, 6 de febrero de 2009


Síntomas da intolerancia aos azúcares e outros

(Máis información sobre intolerancia e síntomas...)


Cando se sofre intolerancia á lactosa, os síntomas (hinchazón no ventre, flatulencia, diarrea) maniféstanse entre dous e seis horas logo beber un ou dous vasos de leite, ou de comer unha abundante cantidade de productos lácteos, especialmente co estómago baleiro.
A solución, para moita xente é remplazar o leite común por un leite especial, con baixo contido de lactosa (arredor dun 70 por cento menos).
Os especialistas recomendan que as persoas que sofren este problema se acostumen a ler as etiquetas dos alimentos para detectar a presenza de lactosa, que soe agregarse aos pans en rebanadas, os cereais, o puré instantáneo, os caldos en cubos, as mesturas para preparar bizcoitos, as galletiñas, as salchichas e algúns condimentos como o ketchup.
Debido a que o leite e os productos lácteos son ricos en calcio e outros nutrintes esenciais, se a dieta está desprovista destos alimentos o déficit faráse sentir tarde ou cedo no organismo. Malia isto, algúns vexetais como o brócoli, son ricos en calcio e teñen moi baixo contido de lactosa. O mesmo ocorre con pescados como o salmón e as sardiñas, os camaróns e as ostras. Tamén o queixo de soia (tofú) é rico en calcio e baixo en lactosa.
No caso de intolerancia á fructosa e á sacarosa, o único tratamento que existe consiste en evitar os productos que os conteñan. Os azúcares como a lactosa, fructosa e sacarosa, empréganse na composición de moitos fármacos, polo cal as persoas que sofren de intolerancia a estos nutrintes, deberían consultar ao médico cada vez que lles prescribe un medicamento.

jueves, 5 de febrero de 2009


Intolerancia a certos alimentos


Algunhas persoas sofren intolerancia a certos alimentos. O leite, as froitas e os productos endulzados con sacarosa poden producir malestares como dores no ventre e, incluso, diarrea.

O que ocorre é que o organismo destas persoas non pode procesar algúns hidratos de carbono, como a lactosa (azúcar do leite), la fructosa ou a sacarosa.
Frecuentemente, cando un alimento non é dixerido apropiadamente, a causa é que os hidratos de carbono que conteñen non poden ser absorbidos polo intestino, hai unha intolerancia. Quedan retidos nel e convértense nun festín para as bacterias. Os gases producidos polo metabolismo de aquelas son os causantes do malestar intestinal e da molesta diarrea.


A intolerancia á lactosa é moi común. Calcúlase que nos Estados Unidos afecta a varios millóns de persoas. Este tipo de azúcar non só está no leite senón tamén en todos os productos lácteos.
A causa desta intolerancia é a deficiencia dunha enzima, a lactasa, que é producida polas células do intestino. A lactasa é a encargada de dividir a molécula do azúcar do leite (un disacárido) en dúas unidades máis pequenas para que poidan ser absorbidas no torrente sanguíneo. Nalgúns casos os nácese coa incapacidade para producir lactasa. Sen embargo é máis común que esta deficiencia se desarrolle co correr dos anos. No xénero humano, a producción de lactasa vai decrecendo coa idade.


A fructosa, pola súa parte, é un tipo de azúcar moi común nas manzás, as peras, os pomelos e a mel. Las gaseosas (por exemplo) contén un 55 por ceento de fructosa como endulzante. Con respecto a los efectos da intolerancia á fructosa, éstos son máis comúns en verán, cando a xente, polo xeral, inxire maior cantidade de froitas.


En canto á sacarosa, é o azúcar común da caña, coa que se endulza o café e as infusións.
Atópase tamén en caramelos e diversas golosinas. A intolerancia á sacarosa non é tan común como a que producen os outros tipos de azúcar.

miércoles, 4 de febrero de 2009

INTERRELACIÓNS METABÓLICAS EN ESTADO DE XAXÚN TEMPERÁ

Estes días falarei sobre as interrelacións metabólicas dos principais tecidos corporais en distintos estados. O meu obxectivo é mostrar como funciona o noso corpo ante situacións de xaxún temperá, prolongado, renutrición,etc.






Nesta situación, o intestino non proporciona ningunha clase de nutrintes, pero as células da mucosa intestinal aínda teñen enerxía para o seu mantemento.
Como consecuencia deste estado, os niveis de glicosa en sangue descende. Este factor é unha sinal para as células alfa do páncreas que sintetizarán glucagón.
O glucagón estimula os procesos que van a fabricar glicosa, para que os tecidos que a necesiten estean abastecidos e aumente o nivel no sangue.


En primeiro lugar degrádase o glucóxeno para dar glicosa. Esta vai ao cerebro a través da circulación e aos glóbulos vermellos principalmente.
Nos glóbulos vermellos, a glicosa xera piruvato que se transformará en lactato .
O músculo esquelético nestas circunstancias pode utilizar a súa propia glicosa e degradarse a piruvato.



Este piruvato pode :

-transformarse en lactato.
-transaminarse a alanina, que vai ao fígado para transformarse en piruvato e activar a gluconeoxénese (para obter glicosa).

O lactato do músculo esquelético e os glóbulos vermellos tamén van ao fígado para transformarse en piruvato e activar a gliconeoxénese.