viernes, 13 de febrero de 2009


Minerais na dieta: o sal
O sal, tamén coñecido como cloruro sódico está composto nun 40% de sodio e nun 60% de cloruro. Atópase sobre todo nas comidas pre-cociñadas e está vinculado á presión sanguinea alta e incluso a cáncer de estómago.


Por que se precisa?
O compoñente sódico do sal é vital para controlar a cantidade de auga no corpo, manter un pH normal no sangue, transmitir sinais nerviosas e axudar á contracción muscular. O sal está presente en todas as comidas en distinto grao, e case todos os alimentos procesados conteñen sal aditivo.


Requerementos diarios
O sodio, a diferencia doutros minerais, é xeralmente “sobreconsumido”.
Aos adultos recoméndaselles non consumir máis de 6 gramos de sal ao día (aproximadamente unha cuchariña).
O actual consumo de sal atópase sobre os 9 gramos por día (tres gramos por enriba da cifra recomendada).
Tanto bebés como nenos máis grandes deberían consumir menos sal cós adultos.
Se un bebé inxire cantidades altas de sal pode resultar especialmente perigoso. Isto débese a que os seus riles non son quen de soportar esas cantidades de mineral.
Recomendacións para bebés e nenos :


IDADE (anos) SAL (g/día)

1 a 3
2 (0.8g sodio)

4 a 6
3 (1.2g sodio)

7a 10
5 (2g sodio)

11 mais
6 (2.4g sodio)



Reducir a inxesta de sal
Un estudo publicado na revista científica Hypertension no 2003 estimaba que a reducción da inxesta de sal a 6 gramos por día levaría a unha reducción do 13 por cento en apoplexías e de 10 por cento en enfermedades isquémicas do corazón.


A xente que sofre problemas cardíacos ou ten presión sanguinea elevada debe seguir unha dieta baixa en sal .
Reducir o sodio é o mellor modo de baixar os altos niveis de presión sanguínea , xunto con outros cambios na dieta aconsellados polos profesionais sanitarios.



jueves, 12 de febrero de 2009


Diversidade do cacao


Como seguro que o tema do chocolate vos deixou bó sabor de boca... aquí vos vai máis información sobre o cacao. Desfrutade!

Existen tres variedades principais de cacao:


  • O criollo ou nativo: é cacao xenuino e foi bautizado así polos españois ao chegar a México. Cultívase en América en Venezuela, Honduras, Colombia, Ecuador, Nicaragua, Guatemala, Trinidad, Xamaica, México e Granada; e no Caribe, na zona do océano Índico e en Indonesia. É un cacao recoñecido como de gran calidade, de escaso contido en tanino, reservado para a fabricación dos chocolates máis finos. A árbore é fráxil e de escaso rendemento. O gran é de cáscara fina, suave e pouco aromático. Representa, como moito, o 10% da producción mundial.


  • O forasteiro: orixinario da alta Amazonia. Trátase dun cacao normal, co tanino máis elevado. É o máis cultivado e provién normalmente de África. O gran ten unha cáscara grosa, é resistente e pouco aromático. Para neutralizar as súas imperfeccións, require un intenso tostado, de donde proveñen o sabor e o aroma a queimado da maioría dos chocolates. Os mellores productores usan grans forasteiro nas súas mesturas, para dar corpo e amplitude ao chocolate, pero a acidez, o equilibrio e a complexidade dos mellores chocolates provén da variedade criolla.


  • Os híbridos, entre os que destaca el trinitario: é un cruce entre o criollo e o forasteiro, ainda que a súa calidade é máis próxima á do segundo. Como o seu nome suxire, é orixinario de Trinidad donde, despois dun terrible furacán que en 1727 destruíu prácticamente todas as plantacións da illa, xurdiu como resultado dun proceso de cruce. Deste modo, herdou a robustez do cacao forasteiro e o delicado sabor do cacao criollo.

lunes, 9 de febrero de 2009


O consumo de cacao reduce as cifras de presión arterial (ou iso di un estudio ...)


Un artigo publicado en "Archives of Internal Medicine" conclúe que os alimentos ricos en cacao parecen reducir a presión arterial, algo que non consigue o consumo de té.

Investigadores alemáns da Universidade de Colonia asinan unha metaanálise de 10 estudios publicados anteriormente, cinco sobre os efectos do cacao sobre a presión arterial e outros cinco sobre os efectos do té bebido, publicados entre 1966 e 2006, cun mínimo de 10 participantes adultos e cunha duración mínima de 7 días.


As investigacións referentes ao cacao incluíron en total a 173 individuos, 87 asignados aleatoriamente a consumir cacao e 84 controis. O 34% dos participantes era hipertenso e a duración media dos estudios foi de dúas semanas. Catro dos cinco estudios mostraron unha reducción tanto da presión sistólica como da diastólica.

En comparación cos controis, os individuos que consumiron cacao diminuíron a súa presión sistólica unha media de 4,7 mm Hg e a diastólica 2,8 mm Hg.

Segundo os autores, tanto o cacao como o té conteñen polifenois, pero no primeiro predomina o tipo de polifenois coñecidos como procianidas. Tal vez esta diferencia é a que marca o seu distinto efecto sobre as cifras tensionais.


Con relación a esta noticia vouvos ir falando algo sobre o cacao e o chocolate.


A palabra cacao pode facer referencia a tres conceptos moi relacionados entre sí:

Cacao pode referirse, en primeiro lugar, ao froito do cacaoteiro, entendido éste ben como a mazorca que crece directamente do seu tronco, ben como as semillas contidas nese froito.

En segundo lugar, o cacao é tamén o producto que resulta da

fermenntación e o secado desas semillas do froito da árbore do cacao. O cacao, entendido así, é o compoñente básico do chocolate.

Por último, denomínase además cacao o polvo seco que se obtén moendo os grans e extraendo, total ou parcialmente,a graxa ou manteiga de cacao.