martes, 24 de febrero de 2009



O Almorzo


Un dos principais problemas da nosa alimentación radica na incorrecta distribución das comidas ó longo do día, reparto condicionado en boa medida polo trepidante ritmo de vida das sociedades desenvolvidas. Malia a que o almorzo é unha das comidas máis importantes do día, diversas enquisas alimentarias amosan que na primeira ración da mañá realizamos unha inxestión nutritiva ou calórica deficiente. O almorzo foi tradicionalmente no noso país unha comida lixeira. Hai décadas nas zonas rurais realizaban un almorzo pouco abundante antes de comezaren os labores do campo, pero a parva de media mañá completaba daquela a necesidade de nutrientes do organismo, sen que nela faltasen os embutidos, queixo, ovos, pan, viño e/ou augardente. Hoxe, sen embargo, moitas persoas consideran que almorzaron tomando unicamente café, zume ou galletas... o que dista das recomendacións de dieta equilibrada. Ademais, o almorzo case non existe para moita xente debido ós ríxidos horarios laborais, pero de aí que o almorzo, ese grande esquecido, se converta en aliado para afronta-lo día co depósito cheo de glicosa, o noso combustible enerxético.


Moi importante para os noso nenos


Un almorzo equilibrado contribúe a un reparto máis harmónico das calorías ó longo do día e proporciona, ademais, unha ración de seguridade de moitos nutrientes especialmente importantes no período escolar, época de gran crecemento e desenvolvemento. E aínda que un de cada dous adultos recoñece os beneficios dun bo almorzo para comezar axeitadamente o día, en Europa sete millóns de nenos acoden á escola a cotío sen almorzaren, segundo o barómetro Europeo Kellogg's do almorzo (1996-1998). Este estudio tamén pon de manifesto que a alimentación que efectúan boa parte dos nenos e adolescentes a primeira hora da mañá contén unha achega calórica inferior á recomendada. Este almorzo deficiente, ou a súa omisión, xera un desequilibrio dos seus hábitos alimentarios e, en consecuencia, do seu estado nutricional .


Se non almorzamos ...


Algunhas das consecuencias de non almorzar son decaemento, falta de concentración e mal humor, debido ó déficit de glicosa -o noso principal combustible enerxético- que produce o xaxún. Cómpre lembrar que á primeira hora da mañá o organismo leva xa entre 8 e 10 horas sen recibir ningún alimento. A falta de glicosa leva o noso corpo a queimar outras reservas enerxéticas, o que causa múltiples alteracións no normal funcionamento orgánico.
En idades escolares, isto condiciona a aprendizaxe e carrexa un descenso do rendemento, xa que a capacidade de locución ou expresión, de memoria, de creatividade e de resolución de problemas quedan particularmente afectadas. Estas observacións foron verificadas tanto en nenos que presentaban unha alimentación equilibrada no seu conxunto coma en nenos que presentaban unha alimentación insuficiente. Por todo isto, pódese considerar que o almorzo é un hábito alimentario que chega a condiciona-lo estado físico, psíquico e nutricional, pero non só o dos nenos e adolescentes, senón o das persoas de tódalas idades.

viernes, 13 de febrero de 2009


Minerais na dieta: o sal
O sal, tamén coñecido como cloruro sódico está composto nun 40% de sodio e nun 60% de cloruro. Atópase sobre todo nas comidas pre-cociñadas e está vinculado á presión sanguinea alta e incluso a cáncer de estómago.


Por que se precisa?
O compoñente sódico do sal é vital para controlar a cantidade de auga no corpo, manter un pH normal no sangue, transmitir sinais nerviosas e axudar á contracción muscular. O sal está presente en todas as comidas en distinto grao, e case todos os alimentos procesados conteñen sal aditivo.


Requerementos diarios
O sodio, a diferencia doutros minerais, é xeralmente “sobreconsumido”.
Aos adultos recoméndaselles non consumir máis de 6 gramos de sal ao día (aproximadamente unha cuchariña).
O actual consumo de sal atópase sobre os 9 gramos por día (tres gramos por enriba da cifra recomendada).
Tanto bebés como nenos máis grandes deberían consumir menos sal cós adultos.
Se un bebé inxire cantidades altas de sal pode resultar especialmente perigoso. Isto débese a que os seus riles non son quen de soportar esas cantidades de mineral.
Recomendacións para bebés e nenos :


IDADE (anos) SAL (g/día)

1 a 3
2 (0.8g sodio)

4 a 6
3 (1.2g sodio)

7a 10
5 (2g sodio)

11 mais
6 (2.4g sodio)



Reducir a inxesta de sal
Un estudo publicado na revista científica Hypertension no 2003 estimaba que a reducción da inxesta de sal a 6 gramos por día levaría a unha reducción do 13 por cento en apoplexías e de 10 por cento en enfermedades isquémicas do corazón.


A xente que sofre problemas cardíacos ou ten presión sanguinea elevada debe seguir unha dieta baixa en sal .
Reducir o sodio é o mellor modo de baixar os altos niveis de presión sanguínea , xunto con outros cambios na dieta aconsellados polos profesionais sanitarios.



jueves, 12 de febrero de 2009


Diversidade do cacao


Como seguro que o tema do chocolate vos deixou bó sabor de boca... aquí vos vai máis información sobre o cacao. Desfrutade!

Existen tres variedades principais de cacao:


  • O criollo ou nativo: é cacao xenuino e foi bautizado así polos españois ao chegar a México. Cultívase en América en Venezuela, Honduras, Colombia, Ecuador, Nicaragua, Guatemala, Trinidad, Xamaica, México e Granada; e no Caribe, na zona do océano Índico e en Indonesia. É un cacao recoñecido como de gran calidade, de escaso contido en tanino, reservado para a fabricación dos chocolates máis finos. A árbore é fráxil e de escaso rendemento. O gran é de cáscara fina, suave e pouco aromático. Representa, como moito, o 10% da producción mundial.


  • O forasteiro: orixinario da alta Amazonia. Trátase dun cacao normal, co tanino máis elevado. É o máis cultivado e provién normalmente de África. O gran ten unha cáscara grosa, é resistente e pouco aromático. Para neutralizar as súas imperfeccións, require un intenso tostado, de donde proveñen o sabor e o aroma a queimado da maioría dos chocolates. Os mellores productores usan grans forasteiro nas súas mesturas, para dar corpo e amplitude ao chocolate, pero a acidez, o equilibrio e a complexidade dos mellores chocolates provén da variedade criolla.


  • Os híbridos, entre os que destaca el trinitario: é un cruce entre o criollo e o forasteiro, ainda que a súa calidade é máis próxima á do segundo. Como o seu nome suxire, é orixinario de Trinidad donde, despois dun terrible furacán que en 1727 destruíu prácticamente todas as plantacións da illa, xurdiu como resultado dun proceso de cruce. Deste modo, herdou a robustez do cacao forasteiro e o delicado sabor do cacao criollo.

lunes, 9 de febrero de 2009


O consumo de cacao reduce as cifras de presión arterial (ou iso di un estudio ...)


Un artigo publicado en "Archives of Internal Medicine" conclúe que os alimentos ricos en cacao parecen reducir a presión arterial, algo que non consigue o consumo de té.

Investigadores alemáns da Universidade de Colonia asinan unha metaanálise de 10 estudios publicados anteriormente, cinco sobre os efectos do cacao sobre a presión arterial e outros cinco sobre os efectos do té bebido, publicados entre 1966 e 2006, cun mínimo de 10 participantes adultos e cunha duración mínima de 7 días.


As investigacións referentes ao cacao incluíron en total a 173 individuos, 87 asignados aleatoriamente a consumir cacao e 84 controis. O 34% dos participantes era hipertenso e a duración media dos estudios foi de dúas semanas. Catro dos cinco estudios mostraron unha reducción tanto da presión sistólica como da diastólica.

En comparación cos controis, os individuos que consumiron cacao diminuíron a súa presión sistólica unha media de 4,7 mm Hg e a diastólica 2,8 mm Hg.

Segundo os autores, tanto o cacao como o té conteñen polifenois, pero no primeiro predomina o tipo de polifenois coñecidos como procianidas. Tal vez esta diferencia é a que marca o seu distinto efecto sobre as cifras tensionais.


Con relación a esta noticia vouvos ir falando algo sobre o cacao e o chocolate.


A palabra cacao pode facer referencia a tres conceptos moi relacionados entre sí:

Cacao pode referirse, en primeiro lugar, ao froito do cacaoteiro, entendido éste ben como a mazorca que crece directamente do seu tronco, ben como as semillas contidas nese froito.

En segundo lugar, o cacao é tamén o producto que resulta da

fermenntación e o secado desas semillas do froito da árbore do cacao. O cacao, entendido así, é o compoñente básico do chocolate.

Por último, denomínase además cacao o polvo seco que se obtén moendo os grans e extraendo, total ou parcialmente,a graxa ou manteiga de cacao.

sábado, 7 de febrero de 2009

INTERRELACIÓNS METABÓLICAS EN ESTADO DE XAXÚN PROLONGADO


O intestino delgado non aporta nutrintes e
ademais comeza a sufrir porque non ten combustible .

Nesta situación, o fígado traballa ( forzadamente) de
forma exhaustiva para que se cause o menor dano posible nas células periféricas.
Os niveis de glicosa en sangue diminúen,
polo que as células alfa do páncreas seguen
sintetizando glucagón para activar os procesos necesarios para que o nive de glicosa aumente.
O glicóxeno degrádase a glicosa pero ésta gástase
de forma rápida.
As grasas almacenadas descompóñense en glicerol e
ácidos grasos.
O glicerol vai ao fígado (gluconeoxénese) e os ácidos grasos van ao tecido muscular a través da albúmina ou ao fígado.
Os ácido sgrasos non poden chegar ao cerebro porque non poden atravesar a barreira hematoencefálica.
Os ácidos grasos que van ao fígado betaoxídanse a Acetil-CoA. O excedente deste último emprégase para a fabricación de corpos cetónicos.
Os corpos cetónicos poden chegar ao cerebro de modo que se reduce a necesidade de glicosa para o cerebro.
O mesmo ocorre en outros tecidos como o tecido muscular.
O músculo esquelético proporciona proteínas e aminoácidos para a síntese de glicosa. A degradación de proteínas realízase de forma lenta. Os aminoácidos que se obteñen son preferentemente en forma de alanina e glutamina.
A alanina vai ao fígado donde se transamina a piruvaoe sofre gluconeoxénese.
A glutamina desplázase polo sangue ata as células da mucosa intestinal proporcionándolle enerxía.Degrádase parcialmente a a alanina que ingresa no tecido hepático e polo cal obteráse piruvato para a gluconeoxénese.
O aporte de proteínas musculares contitúe un despilfarro enerxético e ten o efecto indesexable de desgastar ao músculo e de debilitar ao individuo en xaxún .

viernes, 6 de febrero de 2009


Síntomas da intolerancia aos azúcares e outros

(Máis información sobre intolerancia e síntomas...)


Cando se sofre intolerancia á lactosa, os síntomas (hinchazón no ventre, flatulencia, diarrea) maniféstanse entre dous e seis horas logo beber un ou dous vasos de leite, ou de comer unha abundante cantidade de productos lácteos, especialmente co estómago baleiro.
A solución, para moita xente é remplazar o leite común por un leite especial, con baixo contido de lactosa (arredor dun 70 por cento menos).
Os especialistas recomendan que as persoas que sofren este problema se acostumen a ler as etiquetas dos alimentos para detectar a presenza de lactosa, que soe agregarse aos pans en rebanadas, os cereais, o puré instantáneo, os caldos en cubos, as mesturas para preparar bizcoitos, as galletiñas, as salchichas e algúns condimentos como o ketchup.
Debido a que o leite e os productos lácteos son ricos en calcio e outros nutrintes esenciais, se a dieta está desprovista destos alimentos o déficit faráse sentir tarde ou cedo no organismo. Malia isto, algúns vexetais como o brócoli, son ricos en calcio e teñen moi baixo contido de lactosa. O mesmo ocorre con pescados como o salmón e as sardiñas, os camaróns e as ostras. Tamén o queixo de soia (tofú) é rico en calcio e baixo en lactosa.
No caso de intolerancia á fructosa e á sacarosa, o único tratamento que existe consiste en evitar os productos que os conteñan. Os azúcares como a lactosa, fructosa e sacarosa, empréganse na composición de moitos fármacos, polo cal as persoas que sofren de intolerancia a estos nutrintes, deberían consultar ao médico cada vez que lles prescribe un medicamento.

jueves, 5 de febrero de 2009


Intolerancia a certos alimentos


Algunhas persoas sofren intolerancia a certos alimentos. O leite, as froitas e os productos endulzados con sacarosa poden producir malestares como dores no ventre e, incluso, diarrea.

O que ocorre é que o organismo destas persoas non pode procesar algúns hidratos de carbono, como a lactosa (azúcar do leite), la fructosa ou a sacarosa.
Frecuentemente, cando un alimento non é dixerido apropiadamente, a causa é que os hidratos de carbono que conteñen non poden ser absorbidos polo intestino, hai unha intolerancia. Quedan retidos nel e convértense nun festín para as bacterias. Os gases producidos polo metabolismo de aquelas son os causantes do malestar intestinal e da molesta diarrea.


A intolerancia á lactosa é moi común. Calcúlase que nos Estados Unidos afecta a varios millóns de persoas. Este tipo de azúcar non só está no leite senón tamén en todos os productos lácteos.
A causa desta intolerancia é a deficiencia dunha enzima, a lactasa, que é producida polas células do intestino. A lactasa é a encargada de dividir a molécula do azúcar do leite (un disacárido) en dúas unidades máis pequenas para que poidan ser absorbidas no torrente sanguíneo. Nalgúns casos os nácese coa incapacidade para producir lactasa. Sen embargo é máis común que esta deficiencia se desarrolle co correr dos anos. No xénero humano, a producción de lactasa vai decrecendo coa idade.


A fructosa, pola súa parte, é un tipo de azúcar moi común nas manzás, as peras, os pomelos e a mel. Las gaseosas (por exemplo) contén un 55 por ceento de fructosa como endulzante. Con respecto a los efectos da intolerancia á fructosa, éstos son máis comúns en verán, cando a xente, polo xeral, inxire maior cantidade de froitas.


En canto á sacarosa, é o azúcar común da caña, coa que se endulza o café e as infusións.
Atópase tamén en caramelos e diversas golosinas. A intolerancia á sacarosa non é tan común como a que producen os outros tipos de azúcar.