lunes, 9 de febrero de 2009


O consumo de cacao reduce as cifras de presión arterial (ou iso di un estudio ...)


Un artigo publicado en "Archives of Internal Medicine" conclúe que os alimentos ricos en cacao parecen reducir a presión arterial, algo que non consigue o consumo de té.

Investigadores alemáns da Universidade de Colonia asinan unha metaanálise de 10 estudios publicados anteriormente, cinco sobre os efectos do cacao sobre a presión arterial e outros cinco sobre os efectos do té bebido, publicados entre 1966 e 2006, cun mínimo de 10 participantes adultos e cunha duración mínima de 7 días.


As investigacións referentes ao cacao incluíron en total a 173 individuos, 87 asignados aleatoriamente a consumir cacao e 84 controis. O 34% dos participantes era hipertenso e a duración media dos estudios foi de dúas semanas. Catro dos cinco estudios mostraron unha reducción tanto da presión sistólica como da diastólica.

En comparación cos controis, os individuos que consumiron cacao diminuíron a súa presión sistólica unha media de 4,7 mm Hg e a diastólica 2,8 mm Hg.

Segundo os autores, tanto o cacao como o té conteñen polifenois, pero no primeiro predomina o tipo de polifenois coñecidos como procianidas. Tal vez esta diferencia é a que marca o seu distinto efecto sobre as cifras tensionais.


Con relación a esta noticia vouvos ir falando algo sobre o cacao e o chocolate.


A palabra cacao pode facer referencia a tres conceptos moi relacionados entre sí:

Cacao pode referirse, en primeiro lugar, ao froito do cacaoteiro, entendido éste ben como a mazorca que crece directamente do seu tronco, ben como as semillas contidas nese froito.

En segundo lugar, o cacao é tamén o producto que resulta da

fermenntación e o secado desas semillas do froito da árbore do cacao. O cacao, entendido así, é o compoñente básico do chocolate.

Por último, denomínase además cacao o polvo seco que se obtén moendo os grans e extraendo, total ou parcialmente,a graxa ou manteiga de cacao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario