sábado, 7 de febrero de 2009

INTERRELACIÓNS METABÓLICAS EN ESTADO DE XAXÚN PROLONGADO


O intestino delgado non aporta nutrintes e
ademais comeza a sufrir porque non ten combustible .

Nesta situación, o fígado traballa ( forzadamente) de
forma exhaustiva para que se cause o menor dano posible nas células periféricas.
Os niveis de glicosa en sangue diminúen,
polo que as células alfa do páncreas seguen
sintetizando glucagón para activar os procesos necesarios para que o nive de glicosa aumente.
O glicóxeno degrádase a glicosa pero ésta gástase
de forma rápida.
As grasas almacenadas descompóñense en glicerol e
ácidos grasos.
O glicerol vai ao fígado (gluconeoxénese) e os ácidos grasos van ao tecido muscular a través da albúmina ou ao fígado.
Os ácido sgrasos non poden chegar ao cerebro porque non poden atravesar a barreira hematoencefálica.
Os ácidos grasos que van ao fígado betaoxídanse a Acetil-CoA. O excedente deste último emprégase para a fabricación de corpos cetónicos.
Os corpos cetónicos poden chegar ao cerebro de modo que se reduce a necesidade de glicosa para o cerebro.
O mesmo ocorre en outros tecidos como o tecido muscular.
O músculo esquelético proporciona proteínas e aminoácidos para a síntese de glicosa. A degradación de proteínas realízase de forma lenta. Os aminoácidos que se obteñen son preferentemente en forma de alanina e glutamina.
A alanina vai ao fígado donde se transamina a piruvaoe sofre gluconeoxénese.
A glutamina desplázase polo sangue ata as células da mucosa intestinal proporcionándolle enerxía.Degrádase parcialmente a a alanina que ingresa no tecido hepático e polo cal obteráse piruvato para a gluconeoxénese.
O aporte de proteínas musculares contitúe un despilfarro enerxético e ten o efecto indesexable de desgastar ao músculo e de debilitar ao individuo en xaxún .

viernes, 6 de febrero de 2009


Síntomas da intolerancia aos azúcares e outros

(Máis información sobre intolerancia e síntomas...)


Cando se sofre intolerancia á lactosa, os síntomas (hinchazón no ventre, flatulencia, diarrea) maniféstanse entre dous e seis horas logo beber un ou dous vasos de leite, ou de comer unha abundante cantidade de productos lácteos, especialmente co estómago baleiro.
A solución, para moita xente é remplazar o leite común por un leite especial, con baixo contido de lactosa (arredor dun 70 por cento menos).
Os especialistas recomendan que as persoas que sofren este problema se acostumen a ler as etiquetas dos alimentos para detectar a presenza de lactosa, que soe agregarse aos pans en rebanadas, os cereais, o puré instantáneo, os caldos en cubos, as mesturas para preparar bizcoitos, as galletiñas, as salchichas e algúns condimentos como o ketchup.
Debido a que o leite e os productos lácteos son ricos en calcio e outros nutrintes esenciais, se a dieta está desprovista destos alimentos o déficit faráse sentir tarde ou cedo no organismo. Malia isto, algúns vexetais como o brócoli, son ricos en calcio e teñen moi baixo contido de lactosa. O mesmo ocorre con pescados como o salmón e as sardiñas, os camaróns e as ostras. Tamén o queixo de soia (tofú) é rico en calcio e baixo en lactosa.
No caso de intolerancia á fructosa e á sacarosa, o único tratamento que existe consiste en evitar os productos que os conteñan. Os azúcares como a lactosa, fructosa e sacarosa, empréganse na composición de moitos fármacos, polo cal as persoas que sofren de intolerancia a estos nutrintes, deberían consultar ao médico cada vez que lles prescribe un medicamento.

jueves, 5 de febrero de 2009


Intolerancia a certos alimentos


Algunhas persoas sofren intolerancia a certos alimentos. O leite, as froitas e os productos endulzados con sacarosa poden producir malestares como dores no ventre e, incluso, diarrea.

O que ocorre é que o organismo destas persoas non pode procesar algúns hidratos de carbono, como a lactosa (azúcar do leite), la fructosa ou a sacarosa.
Frecuentemente, cando un alimento non é dixerido apropiadamente, a causa é que os hidratos de carbono que conteñen non poden ser absorbidos polo intestino, hai unha intolerancia. Quedan retidos nel e convértense nun festín para as bacterias. Os gases producidos polo metabolismo de aquelas son os causantes do malestar intestinal e da molesta diarrea.


A intolerancia á lactosa é moi común. Calcúlase que nos Estados Unidos afecta a varios millóns de persoas. Este tipo de azúcar non só está no leite senón tamén en todos os productos lácteos.
A causa desta intolerancia é a deficiencia dunha enzima, a lactasa, que é producida polas células do intestino. A lactasa é a encargada de dividir a molécula do azúcar do leite (un disacárido) en dúas unidades máis pequenas para que poidan ser absorbidas no torrente sanguíneo. Nalgúns casos os nácese coa incapacidade para producir lactasa. Sen embargo é máis común que esta deficiencia se desarrolle co correr dos anos. No xénero humano, a producción de lactasa vai decrecendo coa idade.


A fructosa, pola súa parte, é un tipo de azúcar moi común nas manzás, as peras, os pomelos e a mel. Las gaseosas (por exemplo) contén un 55 por ceento de fructosa como endulzante. Con respecto a los efectos da intolerancia á fructosa, éstos son máis comúns en verán, cando a xente, polo xeral, inxire maior cantidade de froitas.


En canto á sacarosa, é o azúcar común da caña, coa que se endulza o café e as infusións.
Atópase tamén en caramelos e diversas golosinas. A intolerancia á sacarosa non é tan común como a que producen os outros tipos de azúcar.

miércoles, 4 de febrero de 2009

INTERRELACIÓNS METABÓLICAS EN ESTADO DE XAXÚN TEMPERÁ

Estes días falarei sobre as interrelacións metabólicas dos principais tecidos corporais en distintos estados. O meu obxectivo é mostrar como funciona o noso corpo ante situacións de xaxún temperá, prolongado, renutrición,etc.






Nesta situación, o intestino non proporciona ningunha clase de nutrintes, pero as células da mucosa intestinal aínda teñen enerxía para o seu mantemento.
Como consecuencia deste estado, os niveis de glicosa en sangue descende. Este factor é unha sinal para as células alfa do páncreas que sintetizarán glucagón.
O glucagón estimula os procesos que van a fabricar glicosa, para que os tecidos que a necesiten estean abastecidos e aumente o nivel no sangue.


En primeiro lugar degrádase o glucóxeno para dar glicosa. Esta vai ao cerebro a través da circulación e aos glóbulos vermellos principalmente.
Nos glóbulos vermellos, a glicosa xera piruvato que se transformará en lactato .
O músculo esquelético nestas circunstancias pode utilizar a súa propia glicosa e degradarse a piruvato.



Este piruvato pode :

-transformarse en lactato.
-transaminarse a alanina, que vai ao fígado para transformarse en piruvato e activar a gluconeoxénese (para obter glicosa).

O lactato do músculo esquelético e os glóbulos vermellos tamén van ao fígado para transformarse en piruvato e activar a gliconeoxénese.

viernes, 30 de enero de 2009


Cada día que pasa, a sociedade occidental ten máis e máis presa

O noso frenético ritmo de vida tradúcese tamén agora nun cambio alimenticio radical. Xa podemos atopar en todas as casas comida precociñada (incluso xa “cociñada” para destapar e comer) e a fast food xa deixou de ser un descoñecido para os noso fogares.

Nembargantes, este tipo de alimentación non é recomendable se queres levar unha vida sá. Non tanto polos ingredientes, aditivos e preparados que conteñen senón pola rapidez coa que os inxerimos.
Sí señores, hai que comer amodiño e mastigando ben. Os expertos falan de mastigar unhas VINTE veces cada bocado.
Ademáis, comer despacio ten moitas vantaxes entre as que se atopan sentirse saciado antes (unha boa vantaxa porque comes o que precisas e o que che apetece en calquer momento).

Se se inxiren demasiado rápido os alimentos e sen mastigar adecuadamente impediraselle ao corpo que absorba moitos dos nutrintes. Así que por exemplo, se comemos unha deliciosa ensalada chea de vitaminas e minerais sen apenas mastigala, de nada nos servirá.

Se mastigamos moitas máis veces a comida, permitirémonos unha dixestión moito máis saudable e lixeira. Ademáis é necesario también comer pouco a pouco para ir despertando pouco a pouco e dunha forma natural os nosos xugos gástricos que serán os que nos axuden a asimilar as propiedades dos alimentos. Por outra banda, tamén estaremos coidando a saúde do nosto estómago que evitará así os tan dolorosos e molestos trastornos dixestivos.

Estudio en EEUU


NUEVA YORK (Reuters Health) - Un grupo de mulleres consumiu 70 calorías menos cando se lles pediu comer máis despacio un plato con pasta e salsa que cando se lles pediu comer o máis rápido posible.
Esas mulleres tamén consideraron que a comida era máis sabrosa cuando a inxeriron lentamente.

jueves, 29 de enero de 2009



Vantaxas de comer saudablemente



- Ter enerxía durante todo o día.
- Conseguir as vitaminas e minerais que precisas.

- Manterte forte para realizardeportes e outras actividades.
- Acadar a túa estatura máxima, se aínda estás crecendo.
- Manter un peso que sexa o mellor para o teu cuerpo.
- Previr hábitos de alimentación que non sexan saudables.




Que quere dicir iso de comer saudablemente?



- Procurando facer todas as comidas e merendas a tempo.
- Comer cada día de todos os grupos de alimentos, para encher as túas necesidades de
crecimento e saúde.
- Balancear os alimentos altos en nutrición con cantidades moderadas doutros alimentos como os
doces e as comidas rápidas (fast foods)
- Comer cando tes fame e parar de comer cando estés cheo.
- Aprender máis de nutrición e facer dos alimentos unha parte importante na túa vida.

miércoles, 28 de enero de 2009


PowerPoint de Nutrición

Botádelle un vistazo a esta presentación en PowerPoint que fixen sobre a nutrición.

(É moi entretido)